Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 2 de marzo de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00651-O-2016 e oito máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-00651-O-2016 e oito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00651-O-2016

0983-JJN

Transneusy, S.L.

B70373352

Diminución do descanso diario fraccionado en máis de 1 hora (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

15.3.2016; 10.00.00; A6; 487,0

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

LU-01471-O-2016

7282-GWV

Capitol Santiago, S.L.

B15711104

O exceso igual ou superior ao 10 % e inferior ao 20 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 14 %.

2.8.2016; 11.54.00; NVI; 543,8

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

900 euros

LU-01476-O-2016

2889-FFW

Francisco Ronco Martínez

07857395

O exceso igual ou superior ao 15 % e inferior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 17 %.

21.7.2016; 18.08.00; NVI; 543,8

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

850 euros

LU-01513-O-2016

7903-JNF

Gestión y Valorización Integral Centro S

B86246691

Transporte de mercadorías perigosas no que a carta de porte presenta a carencia ou o uso incorrecto do número e a descrición dos vultos, cando sexa aplicable.

28.7.2016; 17.44.00; A6; 510,0

Art. 141.5.11 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

OU-00766-O-2016

1047-JHC

Disgauto, Sdad. Coop. Gallega

F36963999

Diminución do descanso diario normal en máis dunha hora (sobre 11 horas). Máis de 8 horas e 30 minutos e inferior a 10 horas.

26.4.2016; 18.16.00; A52 175,0

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-02447-O-2016

2931-HXD

St 97 Transporte y Logística, S.L.

B36832038

Transporte de mercadorías perigosas no que os documentos de transporte non conteñen a correspondente información correcta (diferente das anteriores).

23.2.2016; 10.40.00; A55; 18,0

Art. 141.5.11 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-02610-O-2016

OU-8636-V

Ensilaplas, S.L. Unipersonal

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

4.3.2016; 20.00.00; AP9; 137,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-01895-O-2016

1983-FZH

Transesqual 2013, S.L.U.

B49277429

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen rebasar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

3.5.2016; 10.24.00; N-634; 666,0

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-01896-O-2016

1983-FZH

Transesqual 2013, S.L.U.

B49277429

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen rebasar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

3.5.2016; 10.27.00; N-634; 666,0

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros