Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00278-O-2017 e cinco máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-00278-O-2017 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 27 de febreiro de 2017

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-00278-O-2017

5023-FKR

Gómez Montero, Ricardo José

33267396N

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

18.7.2016; 18.08.00; AP-9, saída 93,0

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 €

XC-00310-O-2017

7976-JDS

Miguel Ángel Soaz Pino

47434688V

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

17.11.2016; 13.00.00; DP 0512; 9,0

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 €

XC-00466-O-2017

PO-0211-AV

Fernández Parafita, S.L.

B36543486

A realización de transporte privado ao abeiro duhna autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdera validez.

20.12.2016; 11.44.00; AG-59; 6,46

Artigo 141.14 da LOTT

Artigo 143.1.e) da LOTT

601 €

XC-00489-O-2017

5826-DPV

Dogolimpo, S.L.

B15995269

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

3.1.2017; 10.50.00; DP-2403; 2,0

Artigo 141.21 da LOTT

Artigo 143.1.d) da LOTT

401 €

XC-02067-O-2016

8160-CDR

José Luis Cámaras Areas

76819570F

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

27.6.2016; 17.57.00; DP-1914; 23,5

Artigo 140.35 da LOTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.001 €

XC-02135-O-2016

C-5241-AY

Construeume, S.L.

B15455181

Realizar transporte público ao abeiro duhna autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdera a súa validez.

28.7.2016; 12.58.00; N-550; 14,7

Artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.i) da LOTT

4.001 €