Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13093

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de poxa de parcela industrial.

1. Organismo: Concello de Outeiro de Rei.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

b) Enderezo: praza do Concello, s/n.

c) Localidade e código postal: Outeiro de Rei, 27150.

d) Teléfono. 982 39 32 81.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.outeiroderei.org

As publicacións sucesivas dos actos relativos á tramitación do contrato levaranse a cabo no perfil do contratante do Concello de Outeiro de Rei.

Os pregos de condicións administrativas particulares están publicados no perfil do contratante.

2. Obxecto do contrato e descrición do inmoble.

A porción que se vai allear ten unha superficie de 1.900 m2, dispón dun frente de parcela a vías de 25 metros lineais en cada unha das estremas con vía pública (norte e sur), correspóndese coa franxa situada ao oeste da parcela 1.5.2, de forma que estremaría: ao norte e sur, vías interiores do polígono; oeste, parcela 1.5.1, de Abel Paredes Hermida, e leste, predio matriz.

A parcela a que se vai allear está libre de cargas.

O inmoble foi adquirido polo Concello, en concepto de cesión obrigatoria documentada na escritura de compensación resultante da xestión do polígono de prescrición industrial CC1-1 fase, expedida pola notaria Monserrat Trigo Mayor, con data do 13 de xullo de 2006, número de protocolo 819. O predio matriz está inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Lugo como predio 10075, tomo 1112, libro 88, folio 53.

O predio matriz consta inventariado no Inventario de bens municipal como predio urbano número 34.

3. Tramitación e procedemento: o alleamento efectuarase en poxa pública e adxudicaráselle ao licitador que oferte o maior prezo.

4. Orzamento base de licitación: 146.300 euros. Neste prezo non se inclúen os impostos correspondentes á transmisión (IVE).

5. Garantías exixidas: provisional de 3.000 euros.

6. Condicións especiais de execución: véxanse no prego.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde a publicación no BOP.

b) Modalidade de presentación: en sobre pechado.

c) Lugar de presentación:

Dependencia: Rexistro Xeral do Concello de Outeiro de Rei.

Enderezo: praza do Concello, s/n.

Localidade e código postal: Outeiro de Rei, 27150.

Outeiro de Rei, 16 de febreiro de 2017

José Pardo Lombao
Alcalde