Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións administrativas (expediente LU-0000046349 e dous máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados para seren notificados das resolucións ditadas polo xefe territorial nos procedementos instados polos interesados relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social no prazo de trinta (30) días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, conforme o artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Os interesados poderán comparecer, para teren coñecemento íntegro de acto e constancia del, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra dos Ancares, 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Lugo, 17 de febreiro de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente

Apelidos e nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

Efecto xurídico

LU-0000046349

José Míguez Vázquez

(34177394-S)

Resolución procedemento BS611A

21.11.2016

Estimación

LU-0000046027

Fanny Gloria Ulloa Lluque

(34281669-P)

Resolución procedemento BS611A

19.12.2016

Caducidade

LU-0000037986

Araceli Lamparte Casas

(76559210-F)

Resolución falecemento

19.12.2016

Arquivamento