A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modifica os artigos 133, 134 e 135 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, relativos á selección da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas nesta lei, os requisitos para ser candidatos a director e o procedemento de selección. No artigo 135.1 establécese que para a selección das direccións nos centros públicos, as administracións educativas convocarán concurso de méritos e establecerán os criterios obxectivos e o procedemento de selección, así como os criterios de valoración dos méritos do candidato e do proxecto presentado.
Procede convocar concurso de méritos para seleccionar as direccións dos centros que rematan o seu mandato no actual curso académico 2016/17 e non solicitaron a correspondente prórroga e aquelas direccións que rematan o seu mandato de carácter extraordinario ou accidental.
A convocatoria axústase ao previsto na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa e aos preceptos que se manteñen vixentes do Decreto 29/2007, do 8 de marzo, polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
DISPÓN:
Primeiro. Convocatoria
Convócase concurso de méritos para seleccionar e nomear as direccións dos centros docentes públicos onde se imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que se relacionan no anexo I a esta orde.
A selección realizarase de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.
Segundo. Requisitos para ser candidata ou candidato á Dirección
1. Para participar neste concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro docente público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deberán reunirse os seguintes requisitos:
a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
b) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como funcionaria ou funcionario na función pública docente.
c) Ter impartido docencia directa como funcionaria ou funcionario, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro a que se opta. Para estes efectos, enténdese que as funcionarias e funcionarios responsables da orientación educativa e profesional imparten docencia directa.
d) Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
No suposto de estar nunha situación administrativa distinta da de activo, o último centro no se que se prestou servizos debe ser dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e deberá reunir os requisitos para reingresar con efectividade do 1 de xullo de 2017.
2. Para participar no concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro público específico de educación infantil, incompleto de educación primaria, nos de educación secundaria con menos de oito unidades, en que se imparten ensinanzas artísticas profesionais, deportivas, de idiomas ou nos centros específicos de adultos con menos de oito profesores, non se exixirán os requisitos establecidos nas letras b) e c) do punto 1 desta epígrafe.
Terceiro. Solicitudes e documentación
1. A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia correspondente, e poderase imprimir e descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.es/cxt.
Lémbrase que para acceder a este servizo web é preciso ter conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.es polo que, quen non a teña, deberá solicitala a través da páxina web https://www.edu.xunta.es/contausuario.
Xunto coa solicitude achegarase ademais:
a) Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais alegados en relación co baremo que se publica como anexo II a esta orde, agás aqueles que xa consten na base de datos de persoal.
b) Proxecto de dirección que inclúa, polo menos, os obxectivos, as liñas de actuación e a súa avaliación. No proxecto de dirección deberá facerse referencia, entre os seus obxectivos xerais e as liñas prioritarias de actuación, ao previsto nos artigos 9 e 10 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.
O proxecto de dirección non excederá de 30 folios DIN A4, nun tipo de letra: Times New Roman, espazo entre liñas: 1,5.
c) Calquera outra documentación que a candidata ou candidato considere idónea en interese da súa solicitude.
2. Efectuarase unha solicitude por cada centro que se demande ata un máximo de dúas.
3. Así mesmo, os participantes no concurso de méritos remitirán ao centro ou centros docentes que soliciten unha copia do seu proxecto de dirección. Este proxecto estará a disposición dos membros do Claustro de Profesores e do Consello Escolar na Secretaría do centro durante un período mínimo de 10 días lectivos, no horario que estableza a Dirección do centro.
No taboleiro de anuncios da sala de profesores exporase unha relación das candidaturas presentadas, así como o prazo e o horario en que poderán verse os proxectos de dirección na Secretaría.
4. A solicitude, xunto coa documentación a que se alude no punto anterior, poderase presentar no rexistro da Xunta de Galicia ou das súas delegacións territoriais, ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No caso de que se opte por presentar a súa solicitude ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.
Cuarto. Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de vinte dias naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. Comisión de Selección
1. En cada centro educativo constituirase unha comisión de selección, nomeada polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que terá como sede a localidade e local que decida a súa presidencia, e que terá a seguinte composición:
a) Unha inspectora ou inspector de Educación, designado polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá como presidenta ou presidente.
b) Tres inspectores ou directores de centros educativos públicos, designados polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
c) Dúas profesoras ou profesores do centro elixidos polo Claustro de Profesores, en reunión extraordinaria para estes efectos. No caso de producirse empate no número de votos repetirase unha vez a votación e de persistir o empate dirimirase por sorteo.
d) Un membro do Consello Escolar, elixido por e entre os membros do Consello Escolar. No caso de producirse empate no número de votos repetirase unha vez a votación e de persistir o empate dirimirase por sorteo.
2. Actuará como secretaria ou secretario da comisión o representante do Claustro de Profesores con menor antigüidade como funcionaria ou funcionario de carreira e, en caso de empate, o máis novo.
3. A representación do Consello Escolar do centro non poderá recaer no alumnado que estea matriculado nun curso inferior a terceiro de educación secundaria obrigatoria.
4. En ningún caso, as candidatas ou candidatos á Dirección poderán formar parte da Comisión de Selección.
5. Designaranse suplentes dos membros da Comisión de Selección en cada un dos ámbitos de representación que actuarán en substitución dos titulares cando exista causa xustificada que impida a actuación destes.
6. Aos membros da Comisión de Selección seranlles de aplicación as normas sobre abstención e recusación previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
7. A Dirección do centro efectuará a proposta de nomeamento dos representantes do Claustro e do Consello Escolar na Comisión de Selección á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dos cinco días seguintes ao remate do prazo de solicitudes establecido na epígrafe cuarta desta orde, sen que se teñan en consideración posibles ampliacións deste.
8. A non elección dos representantes do Claustro de Profesores ou do Consello Escolar non impedirá a constitución e o normal funcionamento da Comisión de Selección.
9. A composición da Comisión de Selección publicarase no taboleiro de anuncios do centro.
Sexto. Composición da Comisión de Selección en determinados supostos
Cando o número de profesorado do centro sexa inferior a catro ou o número de candidaturas á Dirección non lle permita ao Claustro elixir dous membros de entre o profesorado, a composición da Comisión de Selección será a seguinte:
– Unha inspectora ou inspector de Educación, designado polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá como presidenta ou presidente.
– Dous inspectores ou directores de centros educativos públicos, designados polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
– Un profesor ou profesora do centro elixida polo Claustro de Profesorado.
– Un membro do Consello Escolar, elixido por e entre os seus compoñentes.
Sétimo. Funcións da Comisión de Selección e procedemento de funcionamento
1. Recibidas as solicitudes dirixidas á Xefatura Territorial, a Comisión de Selección comprobará que o persoal aspirante reúne os requisitos establecidos nesta orde e notificaralle ao persoal aspirante a admisión ou rexeitamento da súa petición.
2. Contra o rexeitamento da solicitude, os aspirantes poderán presentar reclamación ante a propia comisión seleccionadora, no prazo de cinco días naturais contados desde o día seguinte ao da notificación do rexeitamento da solicitude.
3. A Comisión de Selección valorará os méritos académicos e profesionais de cada aspirante, de acordo co baremo que se publica como anexo II a esta orde.
4. A Comisión de Selección valorará, así mesmo, os proxectos de dirección, de acordo co establecido no baremo que se publica no anexo II desta orde, e poderá ter unha entrevista co profesorado que presentou candidatura se considera necesario clarificar algúns aspectos do proxecto de dirección. Cando a Comisión de Selección decida a realización desta entrevista, deberá efectuala a todos e cada un dos candidatos e candidatas.
5. A cualificación do proxecto de dirección será a media aritmética das cualificacións de todos os membros presentes da comisión. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros da comisión exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.
6. Contra as puntuacións outorgadas pola Comisión de Selección poderá presentarse reclamación ante a propia comisión no prazo de dez días hábiles computados a partir do día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios do centro educativo.
Oitavo. Selección das candidaturas
1. Transcorrido o prazo de reclamacións e, se é o caso, resoltas estas, a Comisión de Selección establecerá a puntuación final obtida polos aspirantes e seleccionará a candidata ou candidato que proporá como directora ou director do centro, para o seu nomeamento pola Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
2. Para poder ser seleccionado e ser nomeado para a Dirección é necesario obter polo menos seis puntos no proxecto de dirección.
3. No caso de se produciren empates na puntuación total dos aspirantes, estes dirimiranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:
a) Maior puntuación no proxecto de dirección.
b) Maior puntuación na epígrafe 2 do baremo.
c) Maior puntuación na epígrafe 1 do baremo.
4. Se unha candidata ou candidato resultase seleccionado para dous centros, resultará nomeado no centro en que tivese destino definitivo. De non ter destino definitivo en ningún dos centros, será nomeado no centro polo que opte, e procederase a seleccionar e nomear no centro non elixido a outra ou outro aspirante que reúna os requisitos con maior puntuación.
Noveno. Recursos
Contra a decisión da Comisión de Selección, en que resolve definitivamente o concurso de méritos de selección e nomeamento da Dirección do centro, cabe recurso de alzada, no prazo dun mes, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Décimo. Nomeamento
1. A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procederá a nomear directora ou director a persoa proposta pola comisión avaliadora.
2. Os nomeamentos das direccións realizaranse con efectividade do 1 de xullo de 2017 e por unha duración de catro anos, prorrogables de acordo co previsto no artigo 136 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
3. Cando o nomeamento recaia nunha funcionaria ou funcionario que non teña destino definitivo no centro, a Dirección desempeñarase en réxime de comisión de servizos.
Décimo primeiro. Nomeamento con carácter extraordinario
Nos supostos de ausencia de candidatos, ou cando a comisión correspondente non seleccione ningún candidato, ou nos centros de nova creación, a Dirección será nomeada pola Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, oídos o Claustro de Profesores e o Consello Escolar, por un período de dous anos, entre o profesorado que reúna os requisitos establecidos na epígrafe segunda desta orde.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2017
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO I
Centros con praza vacante de Dirección para o curso 2016/17
Código |
Centro |
Concello |
Provincia |
15005026 |
CEIP Sanjurjo de Carricarte |
A Coruña |
A Coruña |
15005336 |
CEE Nosa Señora do Rosario |
A Coruña |
A Coruña |
15021792 |
CEIP Salgado Torres |
A Coruña |
A Coruña |
15007886 |
CEIP Ramón Otero Pedrayo |
A Laracha |
A Coruña |
15013199 |
CEP Salustiano Rey Eiras |
A Pobra do Caramiñal |
A Coruña |
15025220 |
CEP Plurilingüe de Ventín |
Ames |
A Coruña |
15032625 |
CEIP Agro do Muíño |
Ames |
A Coruña |
15000363 |
CEIP Ponte dos Brozos |
Arteixo |
A Coruña |
15026194 |
CEIP Plurilingüe A Fraga |
As Pontes de García Rodríguez |
A Coruña |
15001124 |
CEIP Francisco Vales Villamarín |
Betanzos |
A Coruña |
15001367 |
CEIP Plurilingüe de Abanqueiro |
Boiro |
A Coruña |
15021500 |
CEIP Santa Baia |
Boiro |
A Coruña |
15002025 |
CEIP Plurilingüe Eladia Mariño |
Cabanas |
A Coruña |
15002050 |
CEIP O Areal |
Camariñas |
A Coruña |
15002086 |
CEIP de Ponte do Porto |
Camariñas |
A Coruña |
15021354 |
CEIP Bergantiños |
Carballo |
A Coruña |
15011661 |
CEIP Manuel Fraga Iribarne |
Cariño |
A Coruña |
15002761 |
CEIP de Carnota |
Carnota |
A Coruña |
15032959 |
CEIP Vicente Otero Valcárcel |
Carral |
A Coruña |
15003054 |
CEIP Nicolás del Río |
Cedeira |
A Coruña |
15003248 |
CEIP Eugenio López |
Cee |
A Coruña |
15003534 |
CEIP da Barqueira |
Cerdido |
A Coruña |
15002670 |
CEIP Canosa-Rus |
Coristanco |
A Coruña |
15003807 |
CEIP de Bormoio-Agualada |
Coristanco |
A Coruña |
15032492 |
CRA de Dodro |
Dodro |
A Coruña |
15021810 |
CEIP Santa Eulalia de Dumbría |
Dumbría |
A Coruña |
15022981 |
CEIP Plurilingüe de Centieiras |
Fene |
A Coruña |
15026960 |
CEIP de Ponzos |
Ferrol |
A Coruña |
15023910 |
CEIP Martagona |
Melide |
A Coruña |
15027526 |
CEIP Mestre Pastor Barral |
Melide |
A Coruña |
15009081 |
CEIP de San Ramón |
Moeche |
A Coruña |
15009676 |
CEIP Virxe da Barca |
Muxía |
A Coruña |
15022310 |
CEIP A Gándara |
Narón |
A Coruña |
15032911 |
CEIP de Oleiros |
Oleiros |
A Coruña |
15025487 |
CEIP Campomaior |
Ordes |
A Coruña |
15011981 |
CEIP José María Lage |
Ortigueira |
A Coruña |
15012742 |
CEIP Flavia |
Padrón |
A Coruña |
15013291 |
CEIP Eduardo Pondal |
Ponteceso |
A Coruña |
15013503 |
CEIP Couceiro Freijomil |
Pontedeume |
A Coruña |
15013928 |
CEIP de Sobrado-Nebra |
Porto do Son |
A Coruña |
15027401 |
CEIP Ana María Diéguez |
Rianxo |
A Coruña |
15024771 |
CEP Plurilingüe de Carreira |
Ribeira |
A Coruña |
15015652 |
CEIP Apóstolo Santiago |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
15015998 |
CEIP Ramón Cabanillas |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
15016012 |
CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
15027332 |
CEIP das Fontiñas |
Santiago de Compostela |
A Coruña |
15016450 |
CEIP de Arcediago |
Santiso |
A Coruña |
15019372 |
CEIP Plurilingüe San Vicenzo |
Vimianzo |
A Coruña |
15026789 |
CEIP Baíñas |
Vimianzo |
A Coruña |
15032145 |
IES de Pastoriza |
Arteixo |
A Coruña |
15027733 |
IES de Arzúa |
Arzúa |
A Coruña |
15001136 |
IES Francisco Aguiar |
Betanzos |
A Coruña |
15001239 |
CPI Armando Cotarelo Valledor |
Boimorto |
A Coruña |
15023338 |
IES Praia Barraña |
Boiro |
A Coruña |
15001926 |
CPI As Revoltas |
Cabana de Bergantiños |
A Coruña |
15032923 |
IES de Carral |
Carral |
A Coruña |
15003212 |
IES Agra de Raíces |
Cee |
A Coruña |
15025611 |
IES Monte das Moas |
A Coruña |
A Coruña |
15005579 |
IES Plurilingüe Elviña |
A Coruña |
A Coruña |
15005002 |
IES Ramón Otero Pedrayo |
A Coruña |
A Coruña |
15005233 |
IES Agra do Orzán |
A Coruña |
A Coruña |
15032935 |
IES Rego de Trabe |
Culleredo |
A Coruña |
15007621 |
CPI Plurilingüe Cabo da Area |
Laxe |
A Coruña |
15027927 |
IES Ramón Caamaño |
Muxía |
A Coruña |
15025268 |
IES As Telleiras |
Narón |
A Coruña |
15026731 |
IES Campo de San Alberto |
Noia |
A Coruña |
15012730 |
IES Camilo José Cela |
Padrón |
A Coruña |
15026406 |
IES de Ponteceso |
Ponteceso |
A Coruña |
15026029 |
IES Isaac Díaz Pardo |
Sada |
A Coruña |
15014957 |
CPI de San Sadurniño |
San Sadurniño |
A Coruña |
15026030 |
IES Terra de Xallas |
Santa Comba |
A Coruña |
15026418 |
IES Terra de Soneira |
Vimianzo |
A Coruña |
15019281 |
CPI de Zas |
Zas |
A Coruña |
27014811 |
IES Plurilingüe Fontem Albei |
A Fonsagrada |
Lugo |
27016716 |
IES Fonmiñá |
A Pastoriza |
Lugo |
27016297 |
IES Enrique Muruais |
A Pontenova |
Lugo |
27013958 |
IES Monte Castelo |
Burela |
Lugo |
27015761 |
IES Ánxel Fole |
Lugo |
Lugo |
27016704 |
IES Leiras Pulpeiro |
Lugo |
Lugo |
27016303 |
IES Pedregal de Irimia |
Meira |
Lugo |
27007259 |
IES Río Cabe |
Monforte de Lemos |
Lugo |
27013314 |
IES Santiago Basanta Silva |
Vilalba |
Lugo |
27013922 |
CEIP do Castro de Ouro |
Alfoz |
Lugo |
27001816 |
CEIP Veleiro-Docampo |
Castro de Rei |
Lugo |
27015301 |
CEIP de Cervo |
Cervo |
Lugo |
27020859 |
CEIP de Cervo nº 1 |
Cervo |
Lugo |
27003126 |
CEIP Xoán de Requeixo |
Chantada |
Lugo |
27014793 |
CEIP Paradai |
Lugo |
Lugo |
27016728 |
CEIP Illa Verde |
Lugo |
Lugo |
27012887 |
CEIP do Vicedo |
O Vicedo |
Lugo |
27015827 |
CEIP Terra Chá |
Vilalba |
Lugo |
27016406 |
CEIP Plurilingüe de Covas |
Viveiro |
Lugo |
27016170 |
CEIP Plurilingüe Santa Rita |
Viveiro |
Lugo |
27014859 |
CEIP de Xermade |
Xermade |
Lugo |
27005691 |
CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán |
Xove |
Lugo |
32016339 |
IES de Allariz |
Allariz |
Ourense |
32020781 |
CEIP do Ruxidoiro |
Barbadás |
Ourense |
32016789 |
CEIP Filomena Dato |
Barbadás |
Ourense |
32002122 |
CEIP Nosa Señora de Xuvencos |
Boborás |
Ourense |
32003059 |
CEIP San Marcos |
Cartelle |
Ourense |
32015682 |
CEIP de Castrelo do Val |
Castrelo do Val |
Ourense |
32003771 |
CEIP Curros Enríquez |
Celanova |
Ourense |
32016625 |
IES de Celanova |
Celanova |
Ourense |
32006358 |
CEIP do Xurés |
Lobios |
Ourense |
32020801 |
CRA de Monterrei |
Monterrei |
Ourense |
32015219 |
CEIP Manuel Sueiro |
Ourense |
Ourense |
32008941 |
IES Eduardo Blanco Amor |
Ourense |
Ourense |
32016273 |
IES Xesús Ferro Couselo |
Ourense |
Ourense |
32015876 |
IES Xermán Ancoechea Quevedo |
Pobra de Trives |
Ourense |
32011901 |
CEIP Virxe do Camiño |
Rubiá |
Ourense |
32012103 |
CPI Virxe da Saleta |
San Cristovo de Cea |
Ourense |
36006195 |
CEIP A Carballeira |
Pontevedra |
Pontevedra |
36007539 |
CEIP Fermín Bouza Brey |
Ponteareas |
Pontevedra |
36010150 |
CEIP Mestres Goldar |
Vigo |
Pontevedra |
36009998 |
CEIP de Mosteiro-Bembrive |
Vigo |
Pontevedra |
36004681 |
CEIP de Seixo |
Marín |
Pontevedra |
36010137 |
CEIP da Igrexa-Candeán |
Vigo |
Pontevedra |
36012985 |
CEIP de Sestelo-Baión |
Vilanova de Arousa |
Pontevedra |
36010538 |
CEIP Lope de Vega |
Vigo |
Pontevedra |
36010228 |
CEIP A Paz |
Vigo |
Pontevedra |
36015241 |
CEP Celso Emilio Ferreiro |
Vigo |
Pontevedra |
36009974 |
CEIP de Coutada-Beade |
Vigo |
Pontevedra |
36016772 |
CEE de Vilagarcía de Arousa |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
36004460 |
CEIP de Ardán |
Marín |
Pontevedra |
36004691 |
CEIP de Coirón-Dena |
Meaño |
Pontevedra |
36024045 |
CRA Mestre Manuel Garcés |
Tomiño |
Pontevedra |
36018422 |
CEIP Plurilingüe de Atios |
O Porriño |
Pontevedra |
36002220 |
CEIP Cabada Vázquez |
A Estrada |
Pontevedra |
36015093 |
CEIP San Tomé |
Cambados |
Pontevedra |
36018884 |
EPAPU Berbés |
Vigo |
Pontevedra |
36016796 |
EEI de Verducedo |
Moaña |
Pontevedra |
36015068 |
CEIP Balaídos |
Vigo |
Pontevedra |
36009135 |
CEIP de Silleda |
Silleda |
Pontevedra |
36014672 |
CEIP Serra-Vincios |
Gondomar |
Pontevedra |
36015366 |
CEIP O Pombal |
Vigo |
Pontevedra |
36018410 |
CEIP Quintela |
Redondela |
Pontevedra |
36001057 |
CEIP do Hío |
Cangas |
Pontevedra |
36016929 |
CEIP da Cruz-Budiño |
O Porriño |
Pontevedra |
36019611 |
CEP Marcos da Portela |
Pontevedra |
Pontevedra |
36010587 |
CEIP de Sárdoma-Moledo |
Vigo |
Pontevedra |
36010083 |
CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral |
Vigo |
Pontevedra |
36003388 |
CEIP Doutor Suárez |
Fornelos de Montes |
Pontevedra |
36013552 |
CEIP de Seara |
Moaña |
Pontevedra |
36015007 |
CEIP de Cedeira |
Redondela |
Pontevedra |
36017201 |
CEE Príncipe Felipe |
Pontevedra |
Pontevedra |
36019773 |
EEI da Pastora |
Cambados |
Pontevedra |
36014556 |
CEP Santa Tegra-Teis |
Vigo |
Pontevedra |
36001665 |
CEIP de Tenorio |
Cotobade |
Pontevedra |
36002347 |
CEIP Pérez Viondi |
A Estrada |
Pontevedra |
36012742 |
CEIP de Vilaxoán |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
36012183 |
CEIP Nosa Señora da Piedade |
Vila de Cruces |
Pontevedra |
36013576 |
CPI Manuel Suárez Marquier |
O Rosal |
Pontevedra |
36001252 |
CPI do Progreso |
Catoira |
Pontevedra |
36016590 |
CEIP de Abelendo |
Moaña |
Pontevedra |
36015652 |
CEIP O Piñeiriño |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
36006353 |
CEIP de Vilaverde-Mourente |
Pontevedra |
Pontevedra |
36019438 |
CEIP A Guía |
Moaña |
Pontevedra |
36006833 |
CEIP San Martiño |
Pontevedra |
Pontevedra |
36005774 |
CEIP Humberto Juanes |
Nigrán |
Pontevedra |
36001033 |
CEIP Plurilingüe de San Roque de Darbo |
Cangas |
Pontevedra |
36019153 |
EEI Rúa Hernán Cortés |
Vigo |
Pontevedra |
36015810 |
CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares |
Vigo |
Pontevedra |
36001975 |
CEIP Pío Cabanillas Gallas |
Dozón |
Pontevedra |
36008805 |
CEIP de Portonovo |
Sanxenxo |
Pontevedra |
36012584 |
CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
36000508 |
CEIP Plurilingüe de Castrelo |
Cambados |
Pontevedra |
36015263 |
CEIP de Rubiáns |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
36013761 |
IES A Xunqueira I |
Pontevedra |
Pontevedra |
36016814 |
EEI do Con |
Moaña |
Pontevedra |
36015160 |
EEI As Dunas Panxón |
Nigrán |
Pontevedra |
36014520 |
IES Pedra da Auga |
Ponteareas |
Pontevedra |
36011592 |
IES Santa Irene |
Vigo |
Pontevedra |
36020301 |
IES de Meaño |
Meaño |
Pontevedra |
36019657 |
IES Primeiro de Marzo |
Baiona |
Pontevedra |
36020295 |
IES Mestre Landín |
Marín |
Pontevedra |
36016656 |
IES Pedro Floriani |
Redondela |
Pontevedra |
36019621 |
ES de Conservación e Restauración de Bens Culturais |
Pontevedra |
Pontevedra |
36019062 |
IES Rosais 2 |
Vigo |
Pontevedra |
36019268 |
IES Gonzalo Torrente Ballester |
Pontevedra |
Pontevedra |
36005142 |
CPI Santa Lucía |
Moraña |
Pontevedra |
36009172 |
CPI Manuel Padín Truiteiro |
Soutomaior |
Pontevedra |
36014601 |
IES Álvaro Cunqueiro |
Vigo |
Pontevedra |
36001148 |
CPI da Cañiza |
A Cañiza |
Pontevedra |
36015184 |
IES Escolas Proval |
Nigrán |
Pontevedra |
36019323 |
IES Chano Piñeiro |
Forcarei |
Pontevedra |
36016127 |
IES Plurilingüe Aquis Celenis |
Caldas de Reis |
Pontevedra |
36019232 |
IES Monte da Vila |
O Grove |
Pontevedra |
36011798 |
IES Alexandre Bóveda |
Vigo |
Pontevedra |
36000922 |
IES María Soliño |
Cangas |
Pontevedra |
36020131 |
IES de Mos |
Mos |
Pontevedra |
36016681 |
IES Carlos Casares |
Vigo |
Pontevedra |
36015159 |
IES Chan do Monte |
Marín |
Pontevedra |
36002359 |
IES Antón Losada Diéguez |
A Estrada |
Pontevedra |
36013771 |
IES Fermín Bouza Brey |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
36004708 |
CPI de Mosteiro-Meis |
Meis |
Pontevedra |
36024781 |
IES do Barral |
Ponteareas |
Pontevedra |
36019050 |
IES de Beade |
Vigo |
Pontevedra |
36024197 |
IES de Cotobade |
Cotobade |
Pontevedra |
36004551 |
IES Illa de Tambo |
Marín |
Pontevedra |
36019751 |
IES de Tomiño |
Tomiño |
Pontevedra |
ANEXO II
Méritos |
Puntos |
Documentación xustificativa |
1. Antigüidade (máximo 4 puntos). |
||
1.1. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario que superen os cinco exixidos como requisitos: |
0,50 |
Fotocopia cotexada do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal. |
1.2. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario noutros corpos ou escalas docentes que impartan algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación: |
0,25 |
Fotocopia cotexada do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal. |
2. Desempeño da Dirección de centros públicos e outros cargos directivos e de postos na Administración educativa (máximo seis puntos). |
||
2.1. Por cada ano como directora ou director nun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta: a) No centro ao que se opta b) Noutros centros |
1 0,60 |
Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento. |
2.2. Por cada ano como directora ou director nun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro ao que se opta: |
0,50 |
Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento. |
2.3. Por cada ano como subdirector ou xefe de servizo en postos da Administración educativa: |
0,50 |
Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento. |
2.4. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta: a) No centro ao que se opta b) Noutros centros |
0,50 0,30 |
Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento. |
2.5. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta: |
0,25 |
Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento. |
2.6. Por cada ano como xefe de departamento, coordinador dos equipos de normalización lingüística, coordinador de ciclo e análogos, dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta: |
0,15 |
Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e de posesión e cesamento. |
3. Méritos académicos: máximo 1 punto. |
||
3.1. Por cada título de doutor: |
0,50 |
Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na OM do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo). |
3.2. Por cada título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto distinto do alegado para ingreso no corpo, ou polo certificado-diploma de estudos avanzados: |
0,25 |
Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na OM do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo). |
3.3. Por cada título de diplomado universitario ou equivalente distinto do alegado para ingreso no corpo: |
0,15 |
Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na OM do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo). |
4. Cursos de formación: máximo 3 puntos. Por cursos de formación relacionados coa función directiva organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións citadas con anterioridade, así como os organizados polas universidades: 0,05 puntos por cada 10 horas. |
||
4.1. Por actividades e cursos recibidos: |
Ata 2 |
Certificado deles en que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación. |
4.2. Por cursos impartidos: |
Ata 1 |
Certificado deles en que conste de modo expreso o número de horas de impartición no curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación. |
5. Corpo de catedráticos. |
||
Por pertencer a un dos corpos de catedráticos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación: |
0,50 |
Fotocopia cotexada do título administrativo ou credencial ou, se é o caso, o boletín en que apareza o seu nomeamento. |
6. Servizo activo |
||
Por estar en situación de servizo activo |
2,00 |
|
7. Destino |
||
Por ter destino definitivo no centro ao que se concursa |
2,00 |
|
8. Proxecto de dirección. |
||
Polo proxecto de dirección: |
Ata 12 |
Orixinal deste. |
ANEXO III
Solicitude de participación no concurso de méritos para a selección
dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten
as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,
na Comunidade Autónoma de Galicia
1. Datos persoais.
Primeiro apelido |
Segundo apelido |
Nome |
|
DNI |
Enderezo (rúa, praza..., número, piso) |
||
Localidade (con indicativo postal) |
Provincia |
Telf. fixo |
Telf. móbil |
2. Datos do destino.
Destino definitivo |
Corpo/especialidade |
Destino provisional |
Corpo/especialidade |
3. Centro docente que solicita.
Orde |
Código |
Centro |
Concello |
1 |
|||
2 |
…………………………………....., ... de………………... de 20...
Sinatura
Xefatura Territorial de ………………….