Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de xestión dos fondos bibliográficos con destino ás bibliotecas públicas de Galicia, así como doutro material dependente desta consellería, depositado nun almacén do Polígono do Tambre en Santiago de Compostela (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=81425

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 228, do 29 de novembro de 2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: servizo de xestión dos fondos bibliográficos con destino ás bibliotecas públicas de Galicia, así como doutro material dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, depositados nun almacén do Polígono do Tambre en Santiago de Compostela.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 148.760,33 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 27 de febreiro de 2017.

b) Data da formalización do contrato: 28 de febreiro de 2017.

c) Contratista: Severiano Servicio Móvil, S.A.

d) Importe de adxudicación: 105.619,83 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria