Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13018

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (164/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 164/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nuria María Ramos Varela contra Eurográficas Pichel, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva:

Desestímase o recurso de reposición interposto por Nuria Ramos Varela e confírmase a denegación do despacho da execución pola situación de concurso da executada Eurográficas Pichel, S.L.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o pronuncia, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela. Dou fe.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación en legal forma a Eurográficas Pichel, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial e no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza