Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2017 pola que se rectifican erros materiais na Resolución do 13 de febreiro de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de obras de reparación de infraestruturas de San Paio de Navia (Vigo), Pontevedra (expediente San Paio-2016/REP URB).

1. O 17 de febreiro de 2017 publicouse no DOG nº 34 a Resolución do 13 de febreiro de 2017 pola que se anuncia a licitación da contratación, polo procedemento aberto multicriterio e trámitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de obras de reparación de infraestruturas de San Paio de Navia (Vigo), Pontevedra, expediente San Paio-2016/ REP URB, atopándose neste momento o procedemento de adxudicación dentro do prazo de presentación de ofertas, vixente ata o día 15 de marzo de 2017.

2. No citado anuncio advertiuse a existencia de erros materiais en canto á clasificación exixida ao contratista, polo que debe procederse á súa rectificación, de conformidade co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así:

No apartado 6. Requisitos específicos do contratista, onde di: «(....) a) Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría 2, e grupo G, subgrupo 6, categoría 2», debe dicir: «(....) a) Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría 3.

3. De conformidade co establecido no artigo 75 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, as ofertas para participar na referida licitación poderánse presentar antes das 14.00 do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no rexistro da sede dos Servizos Centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2017

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolucióin do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo