Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2017 Páx. 12869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, sobre incidente de titularidade dun predio afectado por un procedemento expropiatorio, no concello de Ponteceso (expediente IN661A 2014/1-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio notifícase por comparecencia á persoa sinalada no cadro anexo, a tramitación dun incidente sobre a titularidade do predio que se indica nese cadro.

A comparecencia deberase realizar no prazo de dez días, contados desde a publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 22-2º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a vernes.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto desta publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 6 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2014/1-1.

Entidade beneficiaria: Parque Eólico de Malpica, S.A. (Pemalsa).

Denominación da instalación: repotenciación parque eólico Malpica.

Concello: Ponteceso.

Predio

Concello

Titularidade

Incidencia

153

Ponteceso

Herminio Ordóñez García

Notificación infrutuosa