De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedan supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido ás interesadas que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Asemade, infórmanse as interesadas de que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 3 de marzo de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN635C 2016/11-1.
Interesada: Reciclaje de Fluidos y Sólidos, S.L.
CIF: B70247440.
Acto de notificación: resolución.
Concello: Narón.
Expediente: IN635C 2016/66-1.
Interesada: Autobox Castilla, S.L.
CIF: B70358632.
Acto de notificación: resolución.
Concello: Narón.