Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2017 Páx. 12850

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (461/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 461/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mario Mougán Valdés contra Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, Falcón Contratas y Seguridad, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 461/2015, sendo parte neste, como demandante, Mario Mougán Valdés, asistido polo letrado Sr. Blanco Lobeiras e, como demandado, Falcón Contratas y Seguridad, S.A., que non comparece, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Decido:

Estímase a demanda interposta por Mario Mougán Valdés e, en consecuencia, condénase a demandada Falcón Contratas y Seguridad, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de 6.446,22 euros, máis o xuro do 10 %. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao día da notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou causa habente seu ou beneficiaria do réxime público de Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na “Conta de Depósitos e Consignacións”, aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no punto 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza