Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2017 Páx. 12825

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

Na sesión que tivo lugar o día 27 de febreiro de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de abril de 2016 (DOG núm. 74, do 19 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, adoptou os seguintes acordos:

De acordo co establecido na base II.1.5 da orde da convocatoria, convócase a Carlos Arias Iglesias, co DNI 33840384-R, que non acreditou en prazo posuír o Celga 4, ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), para a realización do cuarto exercicio da fase de oposición do proceso selectivo, que terá lugar na sala D do Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, o día 23 de marzo de 2017, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

O aspirante deberá ir provisto de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2017

Alfonso García Magariños
Presidente do tribunal