Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 1 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica a resolución do recurso extraordinario de revisión RRVI-CEI-38/15 (IN635C 2013/57-2).

O 27 de xaneiro de 2017, o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG nº 131, do 12 de xullo), ditou resolución do recurso extraordinario de revisión RRVI-CEI-38/15 (IN635C 2013/57-2) interposto pola Comunidade de Propietarios da rúa Pintor López Gundín, nº 12, de Vilalba (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á Comunidade de Propietarios da rúa Pintor López Gundín, nº 12, de Vilalba (Lugo) a resolución antes referida.

A interesada poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que a demandante teña o seu domicilio ou o de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia, ou polo transcurso do prazo establecido no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria