Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 28 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2014/0094-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao amparo do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia ao ter entrada, no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a copia da resolución da Audiencia Provincial de Pontevedra declarando firme o auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas, recaído no procedemento número 1724/2013, polo accidente laboral do traballador D. Chen Bong Dong.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (15.4.2014).

• Copia da resolución da Audiencia Provincial declarando firme o auto xudicial.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Vigo, 28 de febreiro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: RL 2014/0094-4.

Acta: I362014000028955.

Empresa: Wu Guorong.

NIF: X4250422E.

Enderezo: Carballal, 12, A Graña, Vilaboa.