De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial de Lugo.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Lugo, edificio administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 17 de febreiro de 2017
María del Mar Gómez Pardo
Xefa da Área Provincial de Lugo
ANEXO
Persoa interesada: María Isabel Díaz Álvarez.
NIF: ...892E.
Expediente: LU-85/100:67.
Último enderezo coñecido: rúa Poeta Aquilino Iglesia Álvariño, 11, 4º D, 27004 Lugo.
Acto de notificación: requirimento de documentación.