Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12341

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da obra de acondicionamento de local para arquivo municipal.

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 26 de xaneiro de 2017, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 40/16).

2. Obxecto do contrato: obra de acondicionamento de local para arquivo municipal.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 116.284,63 € (IVE incluído). Exec. 4 meses sen prórroga.

5. Garantías: 5 % da oferta económica.

6. Prazo de presentación das proposicións: vinte e seis (26) días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello.

7. Apertura das ofertas: segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 24 de febreiro de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa