Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12209

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 20 de febreiro de 2017 pola que se autoriza a baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da Escola de Música Municipal de Quiroga.

A Escola de Música Municipal de Quiroga inscribiuse no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude da Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 6 de novembro de 1995 (DOG do 24 de novembro).

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia o expediente para dar de baixa a Escola de Música Municipal de Quiroga por non estar en funcionamento.

A Orde do 11 de marzo de 1993 regula as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia. O Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, establece que lle corresponde á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración da ensinanza en toda súa extensión.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar a baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música cuxos datos se sinalan:

Denominación: Escola de Música Municipal de Quiroga.

Código: 27016534.

Titular: Concello de Quiroga.

Domicilio: Casa da Cultura.

Concello: Quiroga.

Provincia: Lugo.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria