Con data do 26 de xaneiro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2016296AL-CO incoado a Eva Benítez Guillén.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Eva Benítez Guillén o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1, da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.
No caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.
Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 14 de febreiro de 2017
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2016296AL-CO.
Interesada: Eva Benítez Guillén (El Recetario de Eva).
DNI/NIF/CIF: 46796414Q.
Último enderezo coñecido: rúa Diego de Muros, 19, 15701 Santiago de Compostela.
Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.