Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12171

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación con procedemento aberto para o alleamento, con destino á súa reciclaxe, dos residuos de papel-cartón recollidos polo Servizo de Augas e Medio Ambiente durante o ano 2017.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do alleamento, con destino á súa reciclaxe, dos residuos de papel-cartón recollidos polo Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2017. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso 32, por teléfono: 988 31 75 40 e fax: 988 31 75 02 ou na páxina web da Deputación www.depourense.es

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que deban rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación, no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 22 de febreiro de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense