Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o plan de restauración da autorización de explotación de recursos da sección A) Fonterrabel, número 13, sita no concello de Lugo, promovido por José Traseira Ferreiro.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o plan de restauración da autorización de explotación de recursos da sección A) Fonterrabel número 13, situada no termo municipal de Lugo, promovido por José Traseira Ferreiro.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o plan de restauración se atopa dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, e no portal da dita consellería (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á xefa territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 21 de decembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo