Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12106

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (27/2017).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 27/2017 deste xulgado do social, seguido a instancia de José Antonio Tejo Pita, contra a empresa Masalo 10, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse auto en data do 17 de febreiro de 2017, cuxa parte dispositiva, é do tenor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante José Antonio Tejo Pita, fronte a Masalo 10, S.L., parte executada.

Notifíquese ás partes e a Masalo 10, S.L., por edictos no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, no seu caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesal das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no art. 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

Maxistrado xuíz. Letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Masalo 10, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza