Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016382TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 26 de xaneiro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2016382TA-CO incoado a José Carlos Sanmartín Díaz.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a José Carlos Sanmartín Díaz o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015 para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 13 de febreiro de 2017

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2016382TA-CO.

Interesado: José Carlos Sanmartín Díaz.

DNI/NIF/CIF: 32662425X.

Derradeiro enderezo coñecido: avenida Tarrío, 37, bloque B, andar 3º, porta G, 15500 Fene.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.