Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se empraza o interesado no expediente de subvención para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas 11150063/2007.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, a resolución dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2016 do expediente de subvención 11150063/2007 (Orde do 11 de xuño de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas).

O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselle ao interesado un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, no cal poderá interpoñer potestativamente o recurso de reposición, perante a conselleira do Medio Rural, ou directamente recurso contencioso-administrativo, perante ao órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro que xulgue pertinente.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2016 no expediente de subvención 11150063/2007.

Interesado: Miguel Ángel Fandiño Edreira.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Rodrigo Alfredo de Santiago, 10, 5º B. A Coruña.