Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11739

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia das táboas salariais, para o ano 2017, do V Convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia.

Visto o acordo polo cal se aproban as táboas salariais para o ano 2017, que se subscribiu entre a representación empresarial AGESEF e FEGASERFU e as organizacións sindicais UGT Galicia e SN de CC OO de Galicia, do V Convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia, na xuntanza do 2 de febreiro de 2017, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, esta Secretaría Xeral de Emprego

resolve:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (REXCON).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta da comisión paritaria do V Convenio colectivo autonómico
para o sector de pompas fúnebres de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 11.45 horas do día 2 de febreiro de 2017, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24, baixo, reúnense as persoas abaixo sinaladas, que forman parte da comisión paritaria do V Convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia.

Representación empresarial:

José Luis Varela Tabarés (AGESEF).

José Becerra Vázquez (FEGASERFU).

Representación social:

Serafín Álvarez Seoane (UGT-Galicia).

Miguel Ángel Soto García (UGT-Galicia).

Óscar Souto Collazo (UGT-Galicia) (representado por Serafín Álvarez Seoane).

Pablo López Fernández (UGT-Galicia) (representado por Serafín Álvarez Seoane).

Eduardo Varela Muíños (SN de CC OO de Galicia).

Logo do debate e análise das cuestións obxecto da presente xuntanza por parte das representacións presentes nesta comisión, procede reflectir en acta o seguinte:

1. Apróbanse as táboas salariais do ano 2017, segundo o disposto no artigo 19 do V Convenio colectivo autonómico para o sector de pompas fúnebres de Galicia, que quedan do seguinte xeito:

Táboas salariais 2017

Categorías

Bruto anual ano 2016

Incremento salarial 1,5 %

Salarios 2017

Bruto anual

Mensualidade (15 pagas)

Mensualidade (14 pagas)

Mensualidade (12 pagas)

Xefe administrativo

21.477,61 €

322,16 €

21.799,77 €

1.453,32 €

1.557,13 €

1.816,65 €

Oficial 1ª administrativo

17.343,18 €

260,15 €

17.603,33 €

1.173,56 €

1.257,38 €

1.466,94 €

Oficial 2ª administrativo

16.345,78 €

245,19 €

16.590,97 €

1.106,06 €

1.185,07 €

1.382,58 €

Auxiliar administrativo

15.180,16 €

227,70 €

15.407,86 €

1.027,19 €

1.100,56 €

1.283,99 €

Funerario 1ª

17.343,18 €

260,15 €

17.603,33 €

1.173,56 €

1.257,38 €

1.466,94 €

Funerario 2ª

15.180,16 €

227,70 €

15.407,86 €

1.027,19 €

1.100,56 €

1.283,99 €

Funerario 3ª

14.117,55 €

211,76 €

14.329,31 €

955,29 €

1.023,52 €

1.194,11 €

Azafata

15.180,16 €

227,70 €

15.407,86 €

1.027,19 €

1.100,56 €

1.283,99 €

Mantemento e limpeza

14.117,55 €

211,76 €

14.329,31 €

955,29 €

1.023,52 €

1.194,11 €

Calzado

124,76 €

1,87 €

126,63 €

2. Os membros da comisión delegan no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicidade dos acordos reflectidos na presente acta ante a autoridade laboral competente.

Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a xuntanza ás 12.30 horas do día sinalado no encabezamento e para o efecto redáctase a presente acta, que asinan todos os asistentes en proba de conformidade.