Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se notifican as resolucións relativas ao procedemento BS410A 2015/3200.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, tendo en conta o disposto nos artigos 58, 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de resultar infrutuoso o intento de notificación no último domicilio coñecido, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, publícase o presente anuncio e cítanse as persoas que se relacionan no anexo para seren notificadas por comparecencia en relación coas resolucións ditadas nos recursos de reposición nos procedementos que se citan.

No prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia, Sudirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia, da Dirección Xeral de Familia, Infancia de Dinamización Demográfica, en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, para os efectos de coñecer o texto íntegro das resolucións, advertíndolles que, de non facelo así, se darán por notificadas.

Infórmanse as persoas que se citan no anexo de que contra estas resolucións cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo, sen prexuízo de poder exercer calquera que se considere procedente.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2017

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO

Nº de expediente: BS410A 2015/3200.

Nome e apelido: Carla lago Fontenla.

Acto administrativo: Resolución do 17 de novembro de 2016. Desestimación do recurso RR-PFC 22/2016; RN-00063/2016.