En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que, na correspondente oficina de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral, depositouse a baixa por transformación a causa da modificación do réxime xurídico da Asociación Gallega de Corrosión y Protección (Agacyp).
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2017
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego