A persoa titular do Servizo de Informes e Recursos da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte acordou a incoación dos expedientes sancionadores DX-00418-S-2016 e once máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.
Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.
Outórgaselles un prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que coiden oportunas.
No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2017
David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
Expediente Matrícula |
Denunciado DNI/CIF |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
DX-00418-S-2016 2695-GJW |
Manuel Celestino García Varela 32648666M |
O incumprimento, por parte do titular do vehículo, da obriga de subscribir os seguros preceptivos. 11.10.2016; 17.30; estrada Covas-Mandiá |
Art. 60.f) Lei 4/2013 |
Art. 63 Lei 4/2013 |
2.001 euros |
DX-00433-I-2016 2475-DGT |
Arias Logística y Transporte, S.L. B27288521 |
A carencia non significativa de follas de rexistro, de documentos de impresión ou de datos rexistrados nas tarxetas dos condutores que exista a obriga de conservar na sede da empresa á disposición da Administración. 18.11.2016; 8.00 |
Art. 141.13 LOTT |
Art. 143.1.e) LOTT |
601 euros |
DX-00438-I-2016 2005-CPN |
Arias Logística y Transporte, S.L. B27288521 |
A carencia non significativa de follas de rexistro, de documentos de impresión ou de datos rexistrados nas tarxetas dos condutores que exista a obriga de conservar na sede da empresa á disposición da Administración. 21.11.2016; 8.00 |
Art. 141.13 LOTT |
Art. 143.1.e) LOTT |
601 euros |
DX-00440-I-2016 6899-CFY |
Arias Logística y Transporte, S.L. B27288521 |
A carencia non significativa de follas de rexistro, de documentos de impresión ou de datos rexistrados nas tarxetas dos condutores que exista a obriga de conservar na sede da empresa á disposición da Administración. 21.11.2016; 9.00 |
Art. 141.13 LOTT |
Art. 143.1.e) LOTT |
800 euros |
DX-00441-I-2016 LU-1042-X |
Arias Logística y Transporte, S.L. B27288521 |
A carencia non significativa de follas de rexistro, de documentos de impresión ou de datos rexistrados nas tarxetas dos condutores que exista a obriga de conservar na sede da empresa á disposición da Administración. 21.11.2016; 10.00 |
Art. 141.13 LOTT |
Art. 143.1.e) LOTT |
601 euros |
DX-00442-I-2016 8104-CLM |
Arias Logística y Transporte, S.L. B27288521 |
A carencia non significativa de follas de rexistro, de documentos de impresión ou de datos rexistrados nas tarxetas dos condutores que exista a obriga de conservar na sede da empresa á disposición da Administración. 21.11.2016; 11.00 |
Art. 141.13 LOTT |
Art. 143.1.e) LOTT |
601 euros |
DX-00443-I-2016 3964-BFS |
Arias Logística y Transporte, S.L. B27288521 |
A realización de transportes de mercadorías incumprindo as condicións establecidas no artigo 54 da LOTT. 21.11.2016; 12.00 |
Art. 140.32 LOTT |
Art. 143.1.g) LOTT |
1.001 euros |
DX-00445-I-2016 4940-DRY |
Arias Logística y Transporte, S.L. B27288521 |
A realización de transportes de mercadorías incumprindo as condicións establecidas no artigo 54 da LOTT. 22.11.2016; 8.00 |
Art. 140.32 LOTT |
Art. 143.1.g) LOTT |
1.001 euros |
DX-00446-I-2016 2385-GCP |
Arias Logística y Transporte, S.L. B27288521 |
A realización de transportes de mercadorías incumprindo as condicións establecidas no artigo 54 da LOTT. 22.11.2016; 9.00 |
Art. 140.32 LOTT |
Art. 143.1.g) LOTT |
1.001 euros |
DX-00455-I-2016 0791-CVB |
Arias Logística y Transporte, S.L. B27288521 |
A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas. 28.11.2016; 12.00 |
Art. 140.12 LOTT |
Art. 143.1.i) LOTT |
4.001 euros |
DX-00456-I-2016 4006-DWG |
Arias Logística y Transporte, S.L. B27288521 |
A realización de transportes de mercadorías incumprindo as condicións establecidas no artigo 54 da LOTT. 30.11.2016; 10.00 |
Art. 140.32 LOTT |
Art. 143.1.g) LOTT |
1.001 euros |
DX-00457-I-2016 5634-JKD |
Arias Logística y Transporte, S.L. B27288521 |
A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos. 1.12.2016; 9.00 |
Art. 140.34 LOTT |
Art. 143.1.g) LOTT |
1.001 euros |