Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11481

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de febreiro de 2017 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións desta consellería.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

DISPÓN:

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

– Na procura do pasado: Orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense: 11 €.

– Cadernos Ramón Piñeiro (XXXVI). Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo: 22 €.

– Tartufo: 9,50 €.

– Stefan Brüggeman. To be political it has look nice: 30 €.

– Berta Cáccamo: Expansión_ensaio: 30 €.

– Informe de literatura 2015: 6 €.