Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11578

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 140/2015).

Execución de títulos xudiciais 140/2015

Procedemento orixe: procedemento ordinario 856/2012

Sobre ordinario

Demandante: Adriana Pérez Albores

Avogada: María Catalfamo

Demandados: AJP Guy y Otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud, Katia Jocelyne Audouy, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Avogado/a: Fogasa

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 140/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adriana Pérez Albores contra a empresa AJP Guy y Otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud e Katia Jocelyne Audouy, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva.

Estimo o recurso de reposición presentado fronte ao auto do 31 de marzo de 2016 e, en consecuencia, acordo ter por ampliada a execución fronte a Katia Jocelyne Audoy.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a AJP Guy y Otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud e Katia Jocelyne Audouy, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG e taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza