1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.
2º. Enderezo: avenida de Vigo 16.
3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.
4º. Teléfono: 986 88 51 33.
5º. Telefax: 986 88 58 85.
6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.
d) Número de expediente: AB-EIP1-17-007.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato de servizos.
b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade do Hospital Montecelo, Hospital Provincial e Hospital do Salnés, centros dependentes da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
c) División por lotes e número de lotes: lote único.
d) Lugar de execución/entrega: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
1º. Domicilio: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
2º. Localidade e código postal: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo de execución/entrega: 12 meses.
f) Admisión de prórroga: si.
g) CPV (referencia da nomenclatura): 79714000-2 e 79710000-4.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, multicriterio e regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación:
• Oferta económica, até 50 puntos.
• Bolsa de horas sen custo anual (máximo 100h/ano), até 5 puntos.
• Manual de ordes de postos de traballo, até 20 puntos.
• Sistema informatizado de roldas, até 15 puntos.
• Plan de supervisión dos servizos, até 10 puntos.
4. Valor estimado do contrato: 1.259.204,76 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 572.365,80 €.
b) Importe total: 692.562,62 €.
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva (%): cinco por cento do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.
7. Requisitos especificos do contratista:
a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia económica e financieira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso:
• Solvencia económica e financeira, criterio: bastará que nun do tres últimos exercicios se supere a contía de 572.365,80 € (IVE excluído).
No caso de empresas cuxo período de actividade non abarque o tres últimos exercicios, é necesario que se presente a cifra de negocios do período de actividade da empresa e bastará que nun dos exercicios supere a contía sen IVE do importe de licitación.
Igualmente deberase superar esta contía cando o período de actividade da empresa non abarque un exercicio completo.
• Solvencia técnica ou profesional, criterio: o licitador considerarase solvente coa presentación de, polo menos, un traballo ou servizo de igual ou similar natureza dos que constitúen o obxecto do contrato, tomando como criterio de correspondencia entre os servizos executados polo empresario e os que constitúen o obxecto do contrato a pertenza ao mesmo subgrupo de clasificación, se o contrato estivese encadrado nalgún dos establecidos no regulamento, en caso contrario, a igualdade entre os dous primeiros díxitos dos respectivos códigos CPV e cuxo importe supere a contía de 572.365,80 € (IVE excluído). Se se trata de empresas de nova creación, a relación de traballos será a dos realizados no período correspondente á actividade da empresa. A mención na relación e no certificado doutro tipo de servizos sen a separación de importes correspondentes invalidará o documento para acreditar a solvencia técnica.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite da presentación: 27.3.2017.
b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
2º. Enderezo: r/ Loureiro Crespo 2.
3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.
4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es
d) Admisión de variantes, se procede: non.
e) Prazo durante o cual o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Apertura das ofertas:
a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura das propostas.
b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.
c) Localidade e código postal: publicarase no perfil do contratante.
d) Data e hora: a data e hora da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (ver o prego de cláusulas administrativas particulares).
11. Data de envío do anuncio ao Diario oficial de la Unión Europea: 15.2.2017.
Pontevedra, 15 de febreiro de 2017
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés