Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2017 Páx. 11359

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (534/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 534/2014 por instancia de Vanessa María García Sánchez contra a empresa Franquicias Silvassa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 7.2.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Vanessa María García Sánchez fronte á empresa Franquicias Silvassa, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Franquicias Silvassa, S.L. a aboar a Vanessa María García Sánchez a cantidade de trescentos sesenta e nove euros con trinta e tres céntimos (369,33 euros), percibindo os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se debe anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Franquicias Silvassa, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de febreiro de 2017

A secretaria xudicial