Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2017 Páx. 11403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a formalización do contrato para a subministración de produtos de alimentación básica adaptada no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo (expediente 68/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado mediante Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expedientes: 1.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto da contratación:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: alimentación básica adaptada no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo.

c) CPV: 15880000.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 225, do 24 de novembro de 2016.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 206.906,74 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 206.906,74 €. IVE 10 % 20.690,67 €. Importe total: 227.597,41 €.

6. Formalización do contrato:

Data de adxudicación: 27 de decembro de 2016.

Data de formalización do contrato: 30 de decembro de 2016.

Contratista: Nestlé España, S.A.

Importe de adxudicación. Importe neto: 181.436,20 €. IVE 10 % 18.143,62 €. Importe total: 199.579,82 € para un período de dous (2) anos (2017 e 2018).

Nacionalidade: española.

Vigo, 15 de febreiro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo