Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2017 Páx. 11391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 22 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de caducidade do permiso de investigación Sol, número 4132, no concello de Lobios.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á sociedade Minero Astur, S.A., con último enderezo coñecido en Posada Herrera, 4, 33002 Oviedo, como titular, o acordo de incoación de expediente de caducidade do permiso de investigación Sol, nº 4.132, pola causa prevista na Lei de minas do 21 de xullo de 1973 (artigo 85.2), e no Regulamento para o réxime da minaría do 25 de agosto 1978 (artigo 108, epígrafe C).

Os interesados dispoñen dun prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015. No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, proseguirá a tramitación do expediente.

Ourense, 22 de febreiro de 2017

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense