Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2017 Páx. 11385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se notifica a resolución do expediente ANP-PO-0047/2016 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do procedemento ANP-PO-0047/2016 e catro máis.

Os actos foron adoptados pola directora xeral de Patrimonio Natural.

Os/as interesados/as poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2017

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Expediente: ANP-PO-0047/2016.

Interesado: Víctor Manuel Ferreira Souto.

Acto de notificación: resolución de procedemento.

Expediente: ANI-PO-0043/2016.

Interesado: Ignacio Loeda García.

Acto de notificación: resolución de procedemento.

Expediente: ANI-CO-0013/2016.

Interesada: Jennifer Varela Grandal.

Acto de notificación: resolución de procedemento.

Expediente: ANP-PO-0051/2016

Interesado: Jacobo Muíños Jiménez.

Acto de notificación: resolución de procedemento.

Expediente: CA-ZO-U0142/2016V.

Interesado: Iago Fernández Arnoia.

Acto de notificación: resolución de procedemento.