Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2017 Páx. 11377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da subministración de contedores de recollida de residuos urbanos.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 36/2016 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=56274.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de contedores de recollida de residuos urbanos.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 34928480-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 208.928,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 208.928,00 €. Importe total: 252.802,88 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21 de novembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 7 de decembro de 2016.

c) Adxudicataria: Plastic Omnium Sistemas Urbanos, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 208.925,48 €. Importe total con IVE: 252.799,83 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación Territorio