Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2016/151-2, 8460 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: recuamento LMT PRS803-tramo entre CR A Barrela (27CD92) e CT Vilar de Mulleres (27AD36) por execución autovía Ourense-Lugo (A-56).

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

Modificación no p.q. 7+150 da traza da autovía A-56.

Liña de media tensión aérea a 20 kV PRS803 tramo entre centro de repartición A Barrela (27CD92) e centro de transformación Vilar de Mulleres (27AD36) con orixe na celosía metálica proxectada no expediente 8451-AT tipo C FL 16/3000 e final no apoio metálico proxectado nº B8 tipo C A-AG-18/3000, cunha lonxitude de 316 metros en condutor tipo LA-56, reténsanse o van entre o apoio B8 proxectado e o B9 existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 8 de febreiro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo