Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2017/14-2, 8482 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: recuamentos LMT CHA814 por execución autovía Ourense-Lugo (A-56).

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV xeral CHA814 tramo entre centros de transformación Pradeda (27AG74) e A Estibada (27AD39) con orixe na celosía metálica proxectada nº 73 tipo C-A-AG-14/4500 e final no apoio metálico proxectado nº 74 tipo C-A-A-AG-16/3000, cunha lonxitude de 286 metros en condutor tipo LA-110; reténsanse os vans entre os apoios 73 proxectado e o 71 existente e o van entre o apoio 74 proxectado e o apoio 75 existente.

2. Liña de media tensión aérea a 20 kV derivada CHA814 dirección ao centro de transformación Quintá (27AL90) con orixe na celosía metálica proxectada nº 73-1 tipo C-FL 16/4500 e final no apoio metálico proxectado nº 5 tipo C-FL-16/3000, cunha lonxitude de 514 metros en condutor tipo LA-56; reténsanse os vans entre o apoio 5 proxectado e o apoio de madeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte (20) días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 9 de febreiro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo