Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 9 de febreiro de 2017, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se lle dá audiencia ao interesado no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento que no anexo se menciona, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da Inspección, comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que no expediente non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se notifica ao titular do establecemento referido no dito anexo, para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes, poida examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial de Turismo de Pontevedra.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2017

María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Dayser.

Signatura: C-PO-000614.

Titular: Manuel Fernández Bugarín.

Enderezo: rúa González Sierra 4.

Concello: Vigo.