Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar o emprazamento para trámite de audiencia nos expedientes de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal aos interesados (expediente OU-2011/00261 e un máis).

Ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan que, examinada a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito presentada de xeito individual polo outro membro da parella, e de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro, con esta data resolvo publicar por este medio o emprazamento para trámite de audiencia, co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 1º, 32004, Ourense, para que poidan consultalos e formular as alegacións e xustificacións que consideren procedentes, durante un prazo de quince (15) días desde a publicación desta resolución.

Unha vez transcorrido este prazo e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

O que se notifica de acordo coa normativa antes citada.

Ourense, 6 de febreiro de 2017

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesados

NIF/equivalente

OU 2011/00261

Antonio López Domínguez

44470863H

OU 2012/00122

Rafael Andrés Hernández Guerra

44465198B