Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11024

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 27 de febreiro de 2017 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual en virtude da Orde da Consellería de Facenda do 25 de febreiro de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia número 45, do 7 de marzo, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo
da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas
que acrediten discapacidade intelectual

– Tribunal titular:

Presidencia:

– Constantino Piñeiro Cajete, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do grupo I, categoría 004.

Secretaría:

– Juan Carlos Ponte Mahía, persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– María Carmen Orgeira Naya, persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Jorge Rubén Sampedro Grande, persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– María Rosario Fernández Feáns, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, do grupo I, categoría 006.

– Tribunal suplente:

Presidencia:

– Rosa Ana Martínez Fernández, persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

– Óscar Arroyo Riaño, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do grupo II, categoría 006.

Vogais:

– María Carmen Calviño Rodríguez, persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Vanessa Cal Ríos, persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Eva Gloria Barbero Patiño, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do grupo I, categoría 006.