Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11031

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas

Acceso libre

Apelidos e nome

NIF

Quenda

Motivo da exclusión

García Pena, Mario

32699915X

Libre

15

Gómez Gómez, María Cristina

32806061B

Libre

16, 20

Martínez Quintela, Lucía

45955504D

Libre

17, 58

Torres Fernández, Míriam

77463756D

Libre

17, 20, 58

Código

Descrición

15

Documento xustificativo da exención de taxas non cotexado

16

Documento xustificativo da exención de taxas non presentado

17

Doc. xustif. de demandante de emprego 6 meses antes da convocatoria non presentado

20

Taxas non aboadas

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado