Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2017 pola que se notifican os acordos ditados no expediente IG234.2016.1.6 e catro máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta resolución notifícaselles ás interesadas o contido dos acordos, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles ás interesadas que contra os acordos, os cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición, ante o Consello de Dirección do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela; Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data acordo

Órgano que dita o acordo

Notificación

IG142.2015.1.34

Pescadona, S.L.

Programa de préstamos para financiar circulante e investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (Resolución do 22 de outubro de 2015; DOG núm. 209, do 3 de novembro)

27.10.2016

Consello de Dirección do Igape

Acordo de denegación de préstamo

IG142.2015.1.35

Mongasa, S.A.

IG234.2016.1.6

Logística Valdepeñas, S.L.

Préstamos do Igape en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas de Galicia (Resolución do 1 de setembro de 2016; DOG núm. 172, do 1 de setembro)

11.11.2016

Consello de Dirección do Igape

Acordo de denegación de préstamo

IG234.2016.1.33

No Sólo Madera DR, S.L.

Préstamos do Igape en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas de Galicia (Resolución do 1 de setembro de 2016; DOG núm. 172, do 1 de setembro)

11.11.2016

Consello de Dirección do Igape

Acordo de concesión de préstamo

IG234.2016.1.45

Empresa de Suministros Energéticos del Noroeste, S.L.

Préstamos do Igape en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas de Galicia (Resolución do 1 de setembro de 2016; DOG núm. 172, do 1 de setembro)

22.11.2016

Consello de Dirección do Igape

Acordo de denegación de préstamo