Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10934

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Tenis

ANUNCIO de modificación dos estatutos para a súa adaptación á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

Aprobada a modificación dos estatutos pola Asemblea Xeral da Federación Galega de Tenis, en reunión do 14 de decembro de 2013, e de conformidade co artigo 54.7 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, procédese ao anuncio da modificación de diversos artigos dos seus estatutos, dos cales se depositou copia íntegra no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia e na Secretaría Xeral para o Deporte, o 16 de decembro de 2016.

Vigo, 7 de febreiro de 2017

José Antonio Pereiro Rodríguez
Presidente da Federación Galega de Tenis