Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 379/2016 interposto por Luis Francisco Núñez Desiré.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra o decreto polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 379/2016, interposto por Luis Francisco Núñez Desiré contra a Resolución do conselleiro de Facenda, do 4 de outubro de 2016, pola que se inadmite o recurso extraordinario de revisión contra a Orde do 14 de xullo de 2008 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública