Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se notifica o trámite de audiencia no expediente de responsabilidade patrimonial RP-0082/2015-LU-INC.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia no expediente de responsabilidade patrimonial RP-0082/2015-LU-INC.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo da Secretaría Xeral Técnica, situadas no Edificio Administrativo San Caetano s/n de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Neste prazo a interesada poderá formular cantas alegacións e achegar cantos documentos e xustificacións considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2017

Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente: RP-0082/2015-LU-INC.

Interesada: Mª Ángela López Sangil.

Acto de notificación: trámite de audiencia.

Último enderezo coñecido: rúa Salvador de Madariaga 1-6º D, 27002 Lugo.