De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por ignorarse o lugar de notificación, notifícaselle o inicio do trámite de audiencia á persoa interesada, que se indica a continuación, no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.
O expediente atópase á disposición da persoa interesada no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social; rolda da Muralla, 70, andar baixo, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do mencionado acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non facelo, se terá por realizado o dito trámite.
Lugo, 7 de febreiro de 2017
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Número do expediente: 2005/228/27.
Interesado: Antonio Zarauza Álvarez.
Enderezo actual: descoñecido.
Asunto: comunicación do inicio do trámite de audiencia.