Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 17 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de caducidade do permiso de investigación Picoto da Raposa, número 5063, no concello da Mezquita (Ourense) e Pías e Lubián (Zamora).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, notifícase á sociedade Cuarzos Granulados, S.L. con último enderezo coñecido no polígono industrial das Lagoas, estr. Narón-Cedeira, 15540 Narón (A Coruña), como titular, o acordo de incoación do expediente de caducidade do permiso de investigación Picoto da Raposa, nº 5063, pola causa prevista na Lei de minas do 21 de xullo de 1973 (artigo 85.2), e no Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto 1978, artigo 108, alínea C).

Os interesados dispoñen dun prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e xustificación que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015. No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, proseguirá a tramitación do expediente.

Ourense, 17 de febreiro de 2017

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense