Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10525

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ORDE do 22 de febreiro de 2017 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto de Estudos do Territorio.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, situado na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unir á petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sexto. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANEXO I

Denominación do posto: director/a do Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa (Subdirección Xeral).

Código do posto: MA.O31.00.001.15770.001.

Centro directivo: Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1.

Nivel: 30.

Corpo ou escala: xeral.

Complemento específico: 21.239,82 €.

Adscrición AA.PP.: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

missing image file