Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10585

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publica a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto de explotación da concesión directa Pedroso II, número 7176, no concello de Mazaricos (A Coruña), promovido por Construcciones Ponciano Nieto, S.L. (clave 2014/0096).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 2 de febreiro de 2017 relativa ao proxecto de explotación da concesión directa Pedroso II, nº 7176, concello de Mazaricos (A Coruña), promovido por Construcciones Ponciano Nieto, S.L.

Esta declaración de impacto ambiental pódese consultar na ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n baixo).

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático