Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2017, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia do requirimento 36R002/R-AFL/76/2016 (expediente 36R002/3560/2015).

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo de Pontevedra.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Unidade de Consumo de Vigo, con enderezo na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 14 de febreiro de 2017

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Requirimento: 36R002/R-AFL/76/2016.

Expediente: 36R002/3560/2015.

Interesado: Carlos Armando Pla Vicente (Grupo Formativo Exprésate, S. L.).

CIF/NIF: 29136946V.

Acto notificado: requirimento da Inspección de Consumo.